O presidente da Generalitat, José Montilla, abriu un debate profundo sobre a relación de determinadas comunidades autónomas co Estado e, máis concretamente, sobre a "desafección" de Catalunya respecto a España pola desatención en cuestións como a dos transportes ou o 'anticatalanismo' político que alentou, sobre todo, o PP, no debate púbico sobre o Estatut.

O Goberno parece non entender a quexia de Montilla, ainda que a súa voz tivo eco en outras autonomías máis sensibles a este sentimento de desapego. Sen ir máis lonxe, o vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana, valoraba o caso catalán deste xeito: "Creo que a campaña de catalanofobia que propugna o PP e a falta de compromiso co desenvolvemento estatutario que demostra o PSOE fan normal e lóxico que dende Cataluña exista un ambiente de desafección e de reivindicación."
Esta fisura emocional ¿é única en Cataluña ou afecta tamén a outras comunidades? ¿É Galicia unha delas?
A primeira pista atopámola nunha recente enquisa da Fundación Bertelsmann que sostén que País Vasco, Cataluña, Canarias e Galicia teñen unha identificación con España moito menor que a media no Estado.
No caso concreto de Galicia, a desarticulación de sectores básicos como o naval, os agravios agrícolas como a cuota láctea, as reduccións en sectores emblemáticos como a pesca, o fracaso da reforma estatutaria, os danos medioambientáis para xenerar enerxía sin recibir nada a cambio, a ralentización no traspaso de competencias ou a débeda histórica en cuestións como as infraestructuras teñen creado un certo recelo respecto ó Goberno central nunha parte considerable da sociedade galega.
A estas cuestións únese a falla de recoñecemento identitario que, históricamente, ven tendo Galicia, como apunta Anxo Quintana: "En Galiza existe un desexo construtivo de participar na gobernabilidade do Estado para que Galiza teña as infraestruturas que en xustiza lle corresponden, e para poder avanzar con un novo Estatuto no noso recoñecemento nacional. Dende Madrid os diferentes gobernos do PP e do PSOE aceptan como inevitábel a singularidade nacional de Euskadi e Cataluña, pero intentan sempre negar a Galiza o mesmo estatus, e esto provoca um continuo sentimento de agravio".
Pese a todo, a sociedade galega non parece estar inda no punto de desvencellamento da catalana. Na referida enquisa de Bertelsmann, a penas un 20% dos galegos non se identifican con España. O problema é que a enquisa de Clima Social feita pola Xunta hai un ano, o número de galegos que non se sentían españois era do 6,4%. Ainda que as cifras non son exactamente comparables (unha equisa preguntaba pola identificación con España e outra, por si un síntese únicamente galego), sí pode servir para ver nelas unha clara tendencia.
(Fonte: Xornal.com )
http://www.xornal.com/article.php3?sid=20071109124645
No Comments »