Crean o primeiro sistema de enquisas online galego

Creado por Cidadania, Sociedade Cooperativa Galega, empregando software libre, as enquisas están accesíbeis dende calquera navegador.

Este sistema profesional de enquisas é unha aplicación web accesíbel dende calquera navegador de Internet, formada por un xestor interno e unha interface pública. O que permitirá realizar varias enquisas abertas, baixo convite ou mediante autorrexistro, ás cales se pode acceder dende unha páxina web ou a través dun correo electrónico (cun contrasinal).

Isto facilita moito o labor de empresas, para poder coñecer as opinións, gustos e preferencias dos seus clientes, mais, segundo contan os seus creadores, a enquisa electrónica é tamén ideal para compañías que traballan no terreo da internet, así como a todas as organizacións públicas ou privadas que desexan recadar, por vía electrónica, información dos individuos incluídos nas súas bases de datos.

Diferente doutros sistemas anteriores
Unha das características que diferencian este novo sistema doutros é que permite realizar enquisas multilingües, nas que o destinatario pode escoller o idioma no que quere interactuar co sistema. Deste xeito a enquisa faise internacional.

Tamén se inclúen contidos de son e vídeo dentro do cuestionario, o que a converte nunha ferramenta idónea para o sector da publicidade e do audiovisual

Se queredes ver unha enquisa demostración, para coñecer as funcionalidades do sistema, só tedes que premer aquí.

(Fonte:Vieiros) 

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

No Comments »

Leave a Reply

Trackback URI | Comments RSS

fresno classifieds