Un economista afirma en Pontevedra que hai que ‘acabar co galego’
Posted by lois on 14 nov 2007 | Tagged as: Língua, Política, cultura
“Acabar co galego”. Esta foi a receita que lles propuxo aos empresarios Juan E. Iranzo, Director do Instituto de Estudios Económicos. A súa intervención tivo lugar durante a celebración da mesa redonda “Las Pymes ante los Retos de la Nueva Economía”, co gallo da celebración do 30 aniversario da fundación da Confederación de Empresarios de Pontevedra.
(http://www.ieemadrid.com/index.htm)
Iranzo explicou que unha das causas do forte crecemento de Irlanda, até situala coa renda “per cápita” maior da UE xunto con Luxemburgo, foi o “acoller ao inglés como lingua propia, acabando co gaélico”, convidando aos empresarios a facer o mesmo co galego.
Dáse a circunstancia de que o programa do 30 aniversario da CEP estivo realizado integramente en castelán por máis que a maioría dos seus perto de vinte mil asociados teñen o galego como lingua materna. En castelán expresáronse todos os intervintes no acto de clausura celebrado no Auditorio do Centro Cultural Caixanova de Vigo o 30 de novembro, incluído o conselleiro de Economía Xoán Ramón Fernández Antonio, que deu cabo á xornada.
Na cea posterior, o presidente Pérez Touriño, que comezou falando en galego e repartiulle á prensa o seu discurso neste idioma, usaría posteriormente o castelán.
A intervención de Iranzo provocou murmurios de desaprobación entre parte dos asistentes, algúns dos cales criticaron tamén a postura de Touriño.
Iranzo propuxo ademais que os empresarios pagasen menos á Seguridade Social, que “deberá de ser mixta”, que se anulen os impostos de transaccións e o de sucesión. Nesta última demanda coincidiron Fernández Alvariño, presidente da CEP e Díaz Ferrán, presidente da CEOE.
(Fonte: A Nosa Terra)
--Qué se pode agardar dun instituto económico madrileño, falándolle a galegos sobre este tema? eles como se exterminan tódo-los idiomas que non sexan o castelán, e pode que ata o inglés...E o de irlanda...so fai falla ir por alí pra ver que non é exacto o que el dí...alí están a promociona-lo gaélico. Non se estará a confundir con Irlanda do Norte? (que inda pertence a GB).--