O cambio climático é o resultado dunha “ditadura baseada na cobiza”
Posted by lois on 09 nov 2007 | Tagged as: Natureza
"O chamado cambio climático, que soa a técnico eufemismo, non é o produto dunha fatalidade, senón da consecuencia dunha ditadura, baseada na codicia, a explotación e o terror sobre a natureza", escribe Manuel Rivas para este volume, "Non haberá excepcións, non haberá espazos inmunes, non haberá lugar para a humanidade, se non freamos esa impaciente e corrosiva ditadura global".

(Pérdidas na agricultura, exemplo no fotomontaxe de campos de naranxos en Valencia).
O próximo domingo 12 de novembro, o Panel Intergubernamental sobre Cambio Climático das Nacións Unidas, merecedor do premio Nobel da Paz este ano, presentará en Valencia o seu cuarto informe de avaliación. Aproveitando a actualidade, Greenpeace presentou o libro Photoclima: Imaxes dun futuro afectado polo cambio climático. O volume inclúe varias imaxes tratadas informaticamente, que tratan de explicar as posíbeis consecuencias que en diversos lugares do Estado tería o cambio climático a medio prazo "se non se toman medidas de forma urxente". Entre os exemplos, aparecen os fondos das Cíes, dun lado na vizosa biodiversidade que acollen na actualidade e doutro o prognóstico do ermo en que poderían converterse.

(Subida do nivel do mar, fotomontaxe da "Manga", Murcia)
"As decisións políticas deben asegurar que imaxes como as que agoira este libro non sexan imaxes de futuro: o futuro pode e debe ser outro", explica Raquel Montón, responsábel da campaña de cambio climático de Greenpeace.
No volume, que pode descargarse na web do colectivo, colabora tamén o escritor José Saramago. "Non seremos nada sen os nosos ríos, sen a auga que levan e sen a memoria que somos. Preservémonos mutuamente, xa que uns a outros démonos nome e recoñecémonos", relata o Nobel de Literatura.

O Ebro seco en Zaragoza.
Incendios, fotomontaxe do Parque Natural de los Alcornocales, Cádiz. desde el "Pico del aljibe"

CIES, Desaparición da riqueza e vida mariña...

(Fontes: Vieiros e Greenpeace).




